Chandebrito celebra as festas de San Antonio e o Santísimo Cristo da Victoria

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A parroquia nigranesa de Chandebrito celebra este fin de semana as festas na honra de San Antonio e o Santísimo Cristo da Victoria.

O venres 9 de xuño, o grupo pop Rober Carcos e DJ Freddy amenizarán a verbena, que comezará ás 22:30 horas.

O sábado 10 ás 11:00 da mañá o grupo de gaitas da parroquia “O Castro” fará entrada no Torreiro Vello de Festas. Ás 12:00 comezará a Misa Solemne na honra de San Antonio seguida de procesión. Ao finalizar darán comezo as tradicionais Poxas de San Antón, e a continuación, actuación musical a cargo do grupo de gaitas “O Castro”. Pola noite, ás 22:30 horas, a verbena estará amenizada polo dúo Prisma do Grove e a orquestra Versalles.

O domingo 11 ás 10:30 da mañá haberá un pasarrúas da Banda Instrumental Unión Musical de Coruxo, para a continuación facer entrada do recinto de festas do Torreiro Vello, onde ofrecerá un concerto. Ás 12:00 comezará a Misa Maior na honra do Santísimo Cristo da Victoria, cantada pola Coral da Parroquia “Os Vagalumes”, con posterior procesión. Ao finalizar, novo concerto da Unión Musical de Coruxo no Recinto de Festas, e ás 17:00 horas, Día do Neno.