Gondomar abre prazo para solicitar as axudas municipais para material escolar

O Concello de Gondomar abrirá o próximo martes, 15 de xuño, o prazo para presentar as solicitudes para optar ás axudas municipais para a adquisición de material escolar de educación infantil do próximo curso 2021-22, ás que poderán optar familias que se atopen en situación de emerxencia social.

As axudas estarán destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA). Os interesados deberán solicitar cita previa para a súa tramitación, chamando ao teléfono do Departamento de Benestar Social (986 360 168) onde tamén poderán obter toda a información necesaria.

O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o día 30 de xuño ás 14:00 horas.