O Concello de Gondomar continúa co Ciclo de Teatro Infantil e Familiar. O próximo domingo 28 de abril ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío é a quenda de dous “gamberros” marabillosos, Peter Punk e Brais das Hortas, co seu “Concerto Punkinfantil”, onde as risas e os bailes están garantidos. As entradas, por 2,50 euros, pódense mercar na taquilla electrónica do Concello de Gondomar.
“Concerto Punkinfantil” en Gondomar con Peter Punk e Brais das Hortas

