Nigrán celebra as Letras Galegas co concerto de Xardín Desordenado

O Concello de Nigrán sumarase á conmemoración das Letras Galegas este sábado 31 de outubro (nova data designada pola Real Academia Galega ao coincidir o 17 de maio en confinamento) co concerto de Xardín Desordenado ás 20:00 no Auditorio Municipal. Esta programación especial en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero conta co apoio da Deputación de Pontevedra para actividades de dinamización da lingua galega. Como vén sendo habitual, o aforo estará limitado a 54 persoas para manter unha correcta distancia de seguridade.

A banda galega Xardín Desordenado, con máis dunha década musicando a poetas galegos, abordará no seu espectáculo gratuíto temas trascendentais para o autor homenaxeado, a súa relación co seu Ferrol natal, o seu compromiso social ou incluso a importancia que tiñan para él os seus encontros cos amigos.

Igualmente, o Concello reprogramará para mediados de novembro a obra de teatro de Galaxia que estaba prevista no IES Proval o 15 de outubro (cancelárase ao coincidir con alerta vermella) e, para rematar a programación cultural de novembro, ofrecerá o concerto do dúo de guitarras Pino&Pino o sábado 14 de novembro ás 20:00 no Auditorio Municipal.