Un runner cego correrá por segundo ano consecutivo a Vig-Bay

FOTO: VIG-BAY // Saída da proba en Samil.

O vindeiro domingo 7 de abril celebrarase a XX Medio Maratón Gran Baía VIG-BAY EDP que contará coa participación, grazas a compartetuenergia.com, de Eloy Iglesias, un corredor cego galego, e os seus guías José Moure e Ricardo Romay.

A plataforma compartetuenergia.com, creada pola compañía enerxética EDP, púxose en marcha para permitir que persoas cegas poidan atopar guías para saír a correr, e conta coa colaboración da ONCE e da Federación Española de Deportes para Cegos.

José Moure e Ricardo Romay acompañarán a Eloy Iglesias para ir guiándolle nesta carreira na que participan por segundo ano consecutivo. Desde que se coñecen, levan adestrando 2 ou 3 días á semana e o 7 de abril enfróntanse con gran emoción a este novo reto.

Eloy, veciño de Valga de 53 anos, municipio da provincia de Pontevedra, ten ás súas costas unha historia de superación, debido a que, tras un accidente cando era novo, perdeu a vista nos dous ollos e mesmo a súa man dereita. Con todo, isto non lle impediu enfrontarse durante a súa vida a outros retos como practicar ciclismo profesional en tándem e seguir cumprindo soños, como correr un media maratón xunto aos seus guías.

Estes corredores son un exemplo das máis de 2.800 persoas inscritas en Comparte a túa Enerxía en todo o mundo desde que a enerxética EDP, en colaboración coa ONCE e a Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC), lanzase esta iniciativa solidaria. 55 inscritos son de Galicia.

Xunto coa celebración da XX Medio Maratón Gran Baía VIG-BAY EDP van levar a cabo unha serie de eventos e actividades, tamén coa colaboración de EDP. A enerxética estará presente coa súa casa de escape en Vigo e Baiona. Os días 5 e 6 estará no aparcadoiro do Museo Verbum de Vigo -o venres de 15:30 a 21:30 horas e o sábado de 10:00 a 19:30 horas-. O día da carreira situarase no aparcadoiro da Palma, en Baiona, de 10:00 a 14:00 horas.

A enerxética mantén activa a promoción de reembolso do importe do dorsal a aqueles corredores que cambien o seu contrato de enerxía a EDP. Ademais, os seus clientes tamén puideron conseguir 50 dorsais gratuítos a través dun sorteo. En total, EDP ofrece cada ano máis de 2.000 dorsais gratuítos a través de http://www.edpmaratones.es.

Desde 2015 EDP apoia as principais carreiras populares que teñen lugar en España. Desde entón, en só catro anos, compartiu a súa enerxía coas máis de 500.000 persoas que participaron nas súas probas, que actualmente son máis de 30.