Castro e Ladeira organiza unha cea baile

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza o vindeiro sábado 6 de outubro ás 21:30 horas unha cea baile no Hotel Restaurante A Queimada. O menú, de 25 euros por persoa, estará composto de mexillóns, tortilla, empanada, croquetas, pementos de padrón, xamón asado, carne mechada, torta xeada, bebidas, café e licores. A velada estará amenizada polo grupo Pros& Ma. As reservas poden realizarse nos teléfonos 678 586 869 e 653 793 844.