O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, investiga a tres persoas, unha muller e dous homes, veciños de Barcelona, pola súa presunta implicación nun delito de estafa, por un importe de 16.700 € e branqueo de capital.
A investigación dá comezo por mor dunha denuncia formalizada no mes de xaneiro do presente ano, pola vítima, tras sufrir unha estafa coñecida por “Romance Scam” ou timo do amor. A vítima unha muller de mediana idade, coñece a través dunha rede social a un home, que se fai pasar por estadounidense, de profesión militar, e co paso dos días, facer crer á prexudicada que manteñen unha relación afectiva ata gañarse plenamente a confianza desta.
Con posterioridade utilizando diversos pretextos pídelle axuda económica e esta formaliza diversas transferencias bancarias actuando de boa fe. O importe total da cantidade defraudada ascende a un total de 18.700 €, aínda que se consegue a retrocesión da última operación e recupéranse 2.000 €, tras decatarse do engano. A complexa investigación desenvolvida pola Garda Civil, estivo dirixida a un minucioso estudo de ata catro contas bancarias utilizadas para transferir o diñeiro defraudado, usando ademais identidades inexistentes, co obxecto de dificultar desta forma a investigación policial.
Finalmente, co eficaz labor policial, puidéronse bloquear 7.500 € nunha das contas utilizadas. As dilixencias foron postas ao dispor do Xulgado de Garda de Cangas do Morrazo.

