Piratas de Nabia propón unha viaxe en catamarán para seguir desde o mar a 52 Super Series Baiona Sailing Week

Seguir a 52 Super Series Baiona Sailing Week desde o mar. Un plan que calquera afeccionado á vela ou ao deporte non debería perderse. O Monte Real Club de Yates de Baiona exerce de anfitrión para a proba de arranque desta competición, considerada a Fórmula 1 do mar. As 52 SUPER SERIES, está considerado como o circuíto de vela top mundial. Compiten monocascos dos 5 continentes: Allegre (Reino Unido), Gladiator (Reino Unido), Interlodge (USA), Phoenix (Sudáfrica), Platoon (Alemaña), Provezza (Turquía), Quantum Racing (USA) e Sled (USA) son os equipos que medirán as súas forzas no campo de regatas de Galicia.

Desde o mar, con Piratas de Nabia, 52 Super Series Sailing Week

Un catamarán de Navieira Nabia seguirá a proba desde o mar os días 26, 27 e 28 de maio. O barco sairá desde a estación marítima de Baiona ao redor das 12:30 horas. Acompañarán aos barcos na saída e chegada a meta de polo menos dúas das regatas. En total serán aproximadamente catro horas no mar. Os pasaxeiros gozarán dos comentarios de José Cigarrán, Director do canle Mundo Náutica, da travesía entre Baiona e as Illas Cíes, e dunha degustación de mexillóns e viño (incluída no prezo). Pero, sobre todo, gozarán da mellor “tribuna preferente” para seguir a proba.

O prezo das pasaxes será de 15€ para os viaxeiros adultos e de 10€ para os nenos. Con esta tarifa, incluso os non coñecedores nin afeccionados do mundo da vela, poderán gozar dunha experiencia única no mar a un prezo moi alcanzable.

Ver desde o mar a evolución destas espectaculares embarcacións supoñerá un acontecemento único e irrepetible. Os Transpac 52 ou TP52, teñen monocasco construído en fibra de carbono, con 15,85 metros de eslora, unha gran superficie vélica e unhas quillas longas e delgadas, están considerados auténticas “máquinas voadoras” sobre o mar, a auténtica “Fórmula 1”da vela actual.

Nabia tamén estará no Race Village

Sen dúbida, ademais dun espectáculo, os viaxeiros poderán dar renda solta á súa afección á vela e a fotografía. Ademais, dispoñerán de servizo de cantina a bordo, para completar o desfrute. Ademais de seguir a proba desde o barco, Piratas de Nabia terá un stand no Race Village da proba. Tamén dispoñerán no mesmo de información sobre os seus roteiros habituais ás illas do Parque Nacional e outras experiencias no mar.

As prazas son limitadas. Os interesados poden chamar ao 986 320 048 ou facer a súa reserva a través da súa web.