
O Concello de Gondomar repartirá 200 trampas contra a vespa velutina entre a veciñanza. As persoas interesadas deberán presentar no rexistro municipal a súa solicitude cubrindo a instancia que se pode atopar na seguinte ligazón: https://cutt.ly/GPFW1E6. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 10 de marzo.
A entrega dos kits (trampa e unha dose de líquido atraínte e información para facer un correcto uso delas) farase en estrita orde de entrada. O Concello de Gondomar prosegue coa campaña de erradicación desta especie invasora coa entrega de medios aos apicultores e veciñanza na loita e control da vespa velutina.