Recuperado un gran inchable de uso lúdico á deriva procedente de Praia América

Un inchable de grandes dimensións e destinado ao uso lúdico fixo saltar este domingo as alarmas sobre un posible bote salvavidas na costa guardesa. Salvamento Marítimo solicitou a través do 112 Galicia colaboración dos medios de emerxencias para poder comprobar o estado desa suposta embarcación, que resultou ser un obxecto inchable de grandes dimensións procedente de Praia América, en Nigrán.

Así, pois, co persoal de salvamento colaboraron os membros do GES de A Guarda e os axentes da Policía Local de Nigrán para coñecer a procedencia do inchable. Mentres, un equipo a bordo da Salvamar Mirach trasladaba ao Porto da Guarda o obxecto para ser recollido polos propietarios.