
O Centro de Información dá Muller (CIM) da concellería de Igualadade do concello de Gondomar abriu o prazo para poder inscribirse nunha nova edición de cursos de formación on-line dirixido a mulleres empregadas e desempregadas, empadroadas no municipio. As solicitudes poderán presentarse a partir do 3 de marzo e ata o 16 do mesmo mes.
En total impartiranse 6 cursos diferentes nos que poderán inscribirse un máximo de 15 persoas. As materias ás que se poderán optar son diferentes e teñen como obxectivo facilitar ferramentas a quen se atopa en paro e precisan reciclarse para adaptarse ás novas necesidades que o mercado demanda. Ademais os cursos están abertos a aqueles que tendo traballo buscan mellorar o seu currículo laboral.
Prevención de riscos en actividades de tempo libre, monitor de transporte escolar, técnicas de comunicación con persoas dependente, ou educación para a igualdade son algunhas das opcións formativas que se ofrecerán nesta actuación que desenvolverá o concello de Gondomar, financiada a través da Secreatría Xeral de Igualdade e con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos
Máis información no Centro de Información da Muller de Gondomar (986 389 355) ou no correo aio@concellodegondomar.com.