Detido un baionés por agredir á súa parella en Vigo

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a D.M.D., un home de 45 anos de idade e de Baiona, pola comisión dun delito de violencia de xénero. A Sala de Comunicacións do 092 recibiu ás 23:45 horas unha chamada desde o Camiño de Fonte Santa. A solicitante do servizo, tras facilitar a dirección onde se producía o problema, indicou que a súa parella estaba ebria e moi agresiva, cortándose a chamada bruscamente. Unha dotación trasladouse ao lugar en alerta, atopándose a unha muller no rechán da vivenda, mostrando tal nerviosismo que lle era imposible articular palabra. Dado o estado no que se atopaba, os axentes solicitaron a presenza dunha ambulancia para atendela, en espera da cal, a referida conseguiu relatar o feitos obxecto da chamada.

Así, B.G, de Vigo e 44 anos de idade, comentou que esa mesma noite, a súa parella presentouse ebria no domicilio, iniciándose unha discusión entre ambos, que finalizou cando o home abandonou a vivenda. Aos poucos minutos volveu retomando a discusión, ata que nun momento dado, comezou a zarandeala, tirándoa contra a parede, ante o cal ela tratou de fuxir, suxeitándoa el do pelo e golpeándolle a cabeza contra a parede, tratando ela de zafarse do agarre ao que era sometida, como consecuencia do cal caeu ao chan, momento en que continuando coa agresión golpeoulle nas costas. Finalmente conseguiu escapar e realizar a chamada, interrompida polo home cando lle arrebatou o móbil das mans.

Dada a magnitude da agresión e a violencia do agarre á que foi sometida, a bata que levaba atopábase toda rota, cuestión observada polos axentes. A muller foi atendida en primeira instancia e posteriormente trasladada ao PAC de Pizarro, para ser valorada e expedirlle o correspondente parte de lesións.

Anuncios