Sin categoría

O uso do punto limpo de Gondomar aumentou un 21% en xullo

O goberno local de Gondomar continúa traballando por un municipio sustentable e verde, e o punto limpo, situado en Vincios, é unha ferramenta fundamental neste obxectivo.

O alcalde, Paco Ferreira, móstrase satisfeito polas cifras do pasado mes de xullo, “que nos indican que o número de entradas rexistradas na instalación mostran un crecemento dun 21% respecto ao mes anterior”. O rexedor agradece a todos os veciños e veciñas “pola vosa implicación á hora de apostar pola recollida selectiva”.

“O punto limpo, que en breve confiamos ampliar, constitúe un elemento importante no sistema de recollida selectiva, que se suma á renovación de mil contedores que está en marcha na localidade, así como a modernización da maquinaria e o sistema de limpeza viaria”, conclúe Ferreira.