Con motivo da feira internacional de turismo FITUR 2019, o secretario local e candidato á alcaldía de Baiona polo PSdeG, Carlos Gómez, desprazouse á cidade de Madrid para manter unha entrevista persoal con Óscar López, presidente de Paradores de Turismo de España.
Nesa entrevista, a par de congratularse polo recente vixésimo aniversario das obras de reforma do Parador de Baiona, Carlos Gómez, en nome da Agrupación Socialista de Baiona, convidou o presidente á Real Vila, na que un dos eixos dinamizadores de emprego é o turismo e un dos maiores baluartes, o Parador.
Falaron do futuro do Parador de Baiona e contemplaron que posibles melloras pódense acometer nas instalacións, para facer unha maior difusión dunha Baiona de excelencia turística do século XXI e con visos de futuro.

