Anuncios
Ticker de novas

Contos para bebés na Biblioteca de Baiona

A Biblioteca Pública Municipal de Baiona acollerá este mércores 17 de outubro a partir das 18:00 horas unha sesión de contos para os máis pequerrechos dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”. Pavís Pavós realizarán unha sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, que poderán asistir acompañados por un ou dous adultos. O aforo é limitado polo que hai que inscribirse previamente na Biblioteca ou no teléfono 986 35 59 43.

Anuncios