A Cento Cien celebra o seu VIII Motomagosto

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Motomagosto A Cento Cien.

O Moto Club A Cento Cien, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, celebra este sábado 13 de outubro a VIII edición do Motomagosto. Ás 16:30 horas realizarase unha ruta moteira, que percorrerá as rúas do centro urbano e as parroquias do municipio, para regresar ao Campo das Cercas, onde se repartirán de maneira gratuíta castañas entre todos aqueles que se acheguen, xa que o evento está aberto ao público en xeral, non só aos moteiros. Tamén haberá música, bebidas, sorteos e agasallos.