Nigrán Decide presenta a súa candidatura este martes en Priegue

Nigrán Decide presenta a súa candidatura o próximo martes, día 30 de abril, nun acto aberto a toda a veciñanza, que se celebrará no auditorio do C.R.C. “O Torreiro” de Priegue, ás 20:15 horas.

A candidatura de Nigrán Decide para as eleccións municipais, formada na súa totalidade por persoas veciñas de Nigrán, tivo unha importante renovación. A metade das persoas, cinco nos nove primeiros postos, que conforman a candidatura, non estiveron na lista electoral do ano 2015.

A candidatura de Nigrán Decide combina experiencia, renovación, solvencia, diversidade e compromiso por Nigrán, as súas parroquias e a súa veciñanza.

Acompañando a José Cuevas, veciño de Priegue e candidato á alcaldía de Nigrán, nos seis primeiros postos: Alba Costas Lorenzo (A Ramallosa); Anxo Mosquera Nogueira (Nigrán); María Comesaña Valverde (Chandebrito); Jesús Mesías Abril (Camos), e Mª do Carme Giráldez Fernández (Panxón).