O Sergas adquire 50.000 unidades de test antixénicos para o diagnóstico e cribado da Covid-19

O Servizo Galego de Saúde iniciou, esta semana, as compras de test antixénicos para o diagnóstico e cribado da covid-19. Nunha primeira compra adquiríronse un total de 50.000 unidades para as sete áreas sanitarias. Os test adquiridos foron validados por estudos recentes do Instituto de Saúde Carlos III, cunha sensibilidade relativa do 93% e especificidade relativa do 99,5%.

As xestións iniciáronse logo das probas da semana pasada levadas a cabo polos microbiólogos do Sergas, quenes determinarán o uso adecuado dentro da cadea diagnóstica, e agora son avaliadas polas recomendacións da Comisión de Saúde Pública que aprobou esta semana a actualización da “Estratexia de detección precoz, vixilancia e control da covid-19”.

No momento actual, disponse de dúas probas de detección de infección activa, unha proba rápida de detección de antíxenos e unha detección de ARN viral mediante unha RT-PCR ou unha técnica molecular equivalente. A actualización da Estratexia recolle a utilización de ambas as probas nos distintos escenarios de diagnóstico e seguimento dos casos e os contactos. O obxectivo principal é facilitar o diagnóstico e que este poida realizarse o máis rápido posible e, desta xeito, iniciar as medidas de control oportunas para diminuír a transmisión do virus.

A utilización destas probas permitirá facer fronte ao previsible aumento das necesidades diagnósticas polo aumento de infeccións respiratorias como a gripe. Con esta compra refórzanse os circuítos de diagnóstico para a priorización de probas e aquelas dirixidas ao estudo de brotes en ámbitos estratéxicos e en contornas como centros sanitarios, sociosanitarios e educativos.