Sin categoría

O PP celebra o importante investimento anunciado pola Deputación para finalizar a reforma da rúa Mariñeiro

María José Pino, portavoz do Partido Popular de Nigrán, celebra o importante investimento económico anunciado pola Deputación de Pontevedra para finalizar a reforma da Rúa Mariñeiro de Panxón.

O investimento, enmarcado dentro do Plan Concellos do ente provincial, permitirá finalizar a reforma da vía, pendente desde 2018, desde os cruces con Camiño dos Lagos a Tomás Mirambell. Esta actuación, prometida polo alcalde Juan González en repetidas ocasións, pero posposta sine die polo Concello de Nigrán, finalmente poderá poñerse en marcha grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra, a cal sufragará o 100% do custo total, que ascende a 466.000€.

Desde o Grupo Municipal Popular quérese trasladar o agradecemento por este investimento a Luis López, presidente provincial do Partido Popular e actual presidente da Deputación de Pontevedra, á vez que felicitar aos veciños e veciñas de Panxón, os cales se beneficiarán dunha importante mellora na zona, a cal levaba demasiado tempo abandonada polo Concello de Nigrán.