Anuncios
Ticker de novas

Manzanitas, Costa da Morte e Camelias gañan o V Torneo de Rugby Praia Melgachos

FOTO: JORGE GONZÁLEZ MARQUÉS // Manzanitas e Camelias.

Os mellores equipos de Galicia, España e Norte de Portugal déronse cita o sábado en Praia América para a quinta edición do Torneo de Rugby Praia que Melgachos Vellos Rugbiers organiza anualmente dentro da programación estival de actividades que ofrece o Concello de Nigrán.

Un total de 300 xogadores divididos en 27 equipos disputaron o torneo, que se consolida como o referente do rugby praia en Galicia e un dos eventos máis prestixiosos de cantos dispútanse en España nesta modalidade. Esta edición gañouse o cualificativo de Internacional coa presenza de 4 equipos do noso país veciño.

Os partidos deron comezo ás 10:30 da mañá, xogándose ao longo do día máis de 50 partidos. As fases finais de cada categoría disputáronse pola tarde, tras as cales se procedeu á entrega de trofeos e púidose gozar do tradicional terceiro tempo con festa de despedida a todos os participantes.

En categoría sénior masculino, os campións volveron ser os Manzanitas. En categoría sénior feminino, as gañadoras foron Costa da Morte e finalmente, en categoría veteranos, Camelias impúxose de novo. Estrelladas levou o Trofeo á Deportividade e Chipichangis a Culler de Madeira.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios