Miles de persoas achegáronse este sábado a Baiona para gozar, a pesar da choiva, da Festa da Arribada no seu 525 aniversario. O rei emérito Don Juan Carlos aproveitou unha nova visita ás Rías Baixas para comer no restaurante Rocamar, onde puido degustar os manxares da ría de Vigo. Todo o persoal do establecemento aproveitou a ocasión para inmortalizar a súa presenza cunha foto.
Non é estraño ver ao monarca por Galicia, e sobre todo por Baiona e Sanxenxo, vilas nas que ademais pode practicar a súa afección pola vela. Nos últimos anos, non falta á súa cita co Trofeo Príncipe de Asturias, organizado polo Monte Real Club de Yates e a Escola Naval Militar de Marín.
O restaurante Rocamar está habituado a recibir a numerosas personalidades. Durante as súas máis de catro décadas de existencia tivo a satisfacción de ter entre os seus comensais ao entón Príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón, os ex presidentes da Xunta, Gerardo Fernández Albor, Manuel Fraga Iribarne, e o actual presidente Alberto Núñez Feijoo, o Presidente do Goberno Mariano Rajoy, o ex presidente José Luis Rodríguez Zapatero, os multimillonarios Carlos Slim e Olegario Vázquez Raña e os diferentes actores, escritores e artistas de renome como Julio Iglesias, Anthony Quinn, Gonzalo Torrente Ballester e Pedro J. Ramírez, entre outros.

