Curso de tramitación electrónica en Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación do ano 2018 cun curso de tramitación electrónica. Moi pronto, para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións con calquera administración será necesario realizalo a través da tramitación electrónica. Temos que ir un paso por diante e coñecer as novas formas de relacionarnos coa administración.

Neste curso de 25 horas de formación eminentemente práctica os asistentes aprenderán os requirimentos que necesita o seu ordenador para realizar os trámites electrónicos, coñecerán as distintas identificacións electrónicas existentes, como se realizan as entregas telemáticas de documentos, tramitación da Factura-e, sinatura dixital e moitos outros trámites do día a día.

Os interesados deben inscribirse cubrindo documentación do 19 de febreiro ao 2 de marzo na Oficina Municipal de información Xuvenil (OMIX) , no rexistro do concello ou a través da páxina web do Concello de Gondomar.

O curso será realizado do 7 ao 20 de marzo en horario de tarde de 17:00 a 20:30 horas, tendo preferencia a xente do Concello de Gondomar con idades entre os 18 e 45 anos. Para máis información chamar ao 986 369 746.