Dobre subcampionato galego para a baionesa Iria Ludeña

Este sábado disputouse o Campionato Galego de Pista 2020, celebrado no embalse de Verducido en Pontevedra. A baionesa Iria Ludeña acadou o subcampionato galego en modalidade de Pista na distancia de 1000 m, en K2 e en K4. Na modalidade de K2 foi xunto a súa compañeira de club Irea Alonso, e na modalidade de K4 xunto coas súas compañeiras Irea Alonso novamente, Daniela Álvarez e Marta Carballo, todas elas pertencentes ao Club Kayak Tudense. Con esta regata dáse por finalizada a tempada infantil, dado que as competicións a nivel estatal foron suspendidas debido ao Covid-19.