O brote da residencia Vila do Conde de Gondomar alcanza os 105 positivos

Segundo informa a Consellería de Sanidade, xa son 89 os usuarios da Residencia Vila do Conde, situada na parroquia gondomareña de Vilaza, os que deron positivo en coronavirus, do total de 120 que residen no centro. Así mesmo, 16 traballadores están tamén contaxiados. As alarmas saltaron o pasado venres, cando se detectaron 23 positivos, 22 usuarios e 1 traballador. Nun novo cribado, deron positivo 67 usuarios e 15 traballadores máis. Os datos actualizados este xoves arroxan un total de 457 maiores usuarios de residencias e 203 traballadores contaxiados en Galicia. No que respecta aos centros para persoas con discapacidade, hai 30 casos positivos entre os usuarios e 11 traballadores.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.579 deles 1.743 son da área da Coruña, 1.085 da de Lugo, 574 da de Ourense, 1.214 da de Pontevedra, 2.308 da área de Vigo, 948 da de Santiago, e 707 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 92 están en UCI, 421 en unidades de hospitalización e 8.066 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 41.054 persoas curadas, rexistrándose 1.173 falecementos. O número de PCR realizadas é de 873.252.

Información por concello

Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días