Teatro do Ar presenta “Naufraxio” no Centro Cultural O Torreiro de Priegue

FOTO: TEATRO DO AR // O grupo de teatro tras a estrea de "Naufraxio".

A compañía de teatro afeccionado de Nigrán “Teatro do Ar” presenta este venres 8 de setembro no Centro Cultural O Torreiro de Priegue ás 22:00 horas a obra “Naufraxio”, escrita e montada integramente polo grupo. A entrada é de balde.

Naufraxio é un drama actual que aborda temas que están na boca de todos. Coa corrupción política de transfondo os actores demostrarán os dous lados do amor, a crise da enfermidade, e a violencia contra a muller.

Con esta creación propia, o grupo de teatro máis novo de Nigrán busca levar á escena en palabras do seu director, Pablo Fernández, “o lado escuro do mundo que nos rodea, do que moitas veces se fala de maneira superficial”.