Nigrán, de novo en alerta vermella no mapa Covid da Xunta

Segundo os datos publicados este venres pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Nigrán volve estar en nivel de alerta 3, o que significa segundo o semáforo de cores que utiliza a Xunta que nos últimos 7 días foron confirmados por PCR máis de 21 casos. Gondomar tamén se encontra en alerta vermella desde o mércores, polo que terían sido confirmados por PCR máis de 21 casos nos últimos 7 días. Baiona está en nivel de alerta 2, con entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.363 deles 1.432 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 1.394 da de Ourense, 899 da de Pontevedra, 1.758 da área de Vigo, 1.322 da de Santiago, e 757 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 69 están en UCI, 407 en unidades de hospitalización e 7.887 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.537 persoas curadas, rexistrándose 902 falecementos. O número de PCR realizadas é de 672.435.

Positivo nunha residencia de Nigrán

Segundo informa a Consellería de Sanidade, un traballador da Residencia Bella Vista Care, situada na parroquia nigranesa de Priegue, deu positivo en coronavirus Covid-19. Os datos actualizados este venres arroxan un total de 392 maiores usuarios de residencias e 211 traballadores contaxiados en Galicia. No que respecta aos centros para persoas con discapacidade, hai 30 casos positivos entre os usuarios e 26 traballadores.

CADRO ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS 30.10.2020      
LOCALIDADE CENTRO TOTAL POSITIVOS AULAS PECHADAS CENTROS PECHADOS
ÁREA DE VIGO      
ESCOLAS INFANTÍS
BAIONA E.I Baiona 1 0 0
VIGO E.I. O Xardin Esme SL 1 0 0
VIGO E.I. Municipal Navia 2 3 0
VIGO E. I. Rúa Palencia 1 1 0
VIGO E.I. Municipal Atalaia de Teis 1 0 0
VIGO E.I Tartaruga 2 2 0
VIGO E.I. Lacaba 1 1 0
CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
A CAÑIZA CPI da Cañiza 3 0 0
A GUARDA CEIP A Sangriña 1 0 0
A GUARDA CPR Plurilingüe San José 2 0 0
ARBO CEIP Antonio Carpintero 2 0 0
AS NEVES EFAG A Cancela 1 0 0
BAIONA IES Primeiro de Marzo 2 0 0
CANGAS CEIP do Hío 1 0 0
CANGAS CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo 1 0 0
CANGAS IES Monte Carrasco 1 0 0
GONDOMAR CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro 1 0 0
GONDOMAR CEIP Plurilingüe Souto-Donas 2 0 0
GONDOMAR IES Auga da Laxe 2 0 0
GONDOMAR IES Plurilingüe Terra de Turonio 1 1 0
MOAÑA CEIP de Seara 1 0 0
MOAÑA IES As Barxas 1 0 0
MOS CEIP de Atín-Cela 2 0 0
MOS CEIP de Petelos 1 0 0
MOS CEIP Mestre Martínez Alonso 1 0 0
MOS CEIP Plurilingüe Pena de Francia 1 0 0
MOS CPR Plurilingüe Lar 11 0 0
MOS IES de Mos 2 0 0
NIGRÁN CEIP Carlos Casares 1 0 0
NIGRÁN CEIP da Cruz 1 1 0
NIGRÁN CEIP Humberto Juanes 1 0 0
NIGRÁN CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios 1 0 0
NIGRÁN CPR Estudio 1 0 0
NIGRÁN IES Escolas Proval 1 0 0
O PORRIÑO CEIP da Cruz-Budiño 1 0 0
O PORRIÑO CEIP Plurilingüe da Ribeira 3 0 0
O PORRIÑO CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López 4 0 0
O PORRIÑO IES Pino Manso 2 1 0
O PORRIÑO IES Ribeira do Louro 2 0 0
O ROSAL CPI Manuel Suárez Marquier 1 0 0
PONTEAREAS CEIP Nosa Señora dos Remedios 2 0 0
PONTEAREAS CIFP A Granxa 1 0 0
PONTEAREAS CPR Plurilingüe La Inmaculada 4 0 0
PONTEAREAS IES do Barral 1 0 0
PONTEAREAS IES Val do Tea 2 0 0
REDONDELA CPR Plurilingüe Vigo 2 0 0
REDONDELA IES Illa de San Simón 1 0 0
REDONDELA IES Mendiño 1 0 0
SALVATERRA DE MIÑO CEP Carlos Casares 1 0 0
TOMIÑO CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán 1 0 0
TOMIÑO CRA Mestre Manuel Garcés 1 0 0
TOMIÑO IES Antón Alonso Ríos 7 0 0
TUI CEIP Plurilingüe de Guillarei 1 0 0
TUI CEP de Caldelas 1 0 0
TUI CMUS Profesional de Tui 1 0 0
TUI CRA Mestra Clara Torres 1 0 0
TUI IES Indalecio Pérez Tizón 5 0 0
TUI IES San Paio 3 0 0
VIGO CEE Saladino Cortizo 1 0 0
VIGO CEEPR Menela 1 0 0
VIGO CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao 1 0 0
VIGO CEIP de Mosteiro-Bembrive 2 0 0
VIGO CEIP Eduardo Pondal 1 0 0
VIGO CEIP Otero Pedrayo 1 0 0
VIGO CEIP Plurilingüe Frián-Teis 2 0 0
VIGO CEIP Plurilingüe Lope de Vega 4 0 0
VIGO CEIP Plurilingüe O Pombal 1 0 0
VIGO CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal 1 0 0
VIGO CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares 1 0 0
VIGO CEIP San Salvador 3 0 0
VIGO CEIP Seis do Nadal 4 1 0
VIGO CEIP Vicente Risco 1 0 0
VIGO CEIP Virxe do Rocío 1 0 0
VIGO CEP Dr. Fleming 2 0 0
VIGO CIFP de Coia 1 0 0
VIGO CIFP Manuel Antonio 1 0 0
VIGO CIFP Valentín Paz Andrade 1 0 0
VIGO CPR Aloya 1 0 0
VIGO CPR Colegio Hogar Afundación 1 0 0
VIGO CPR Daniel Castelao 2 0 0
VIGO CPR Fillas de María Inmaculada 2 0 0
VIGO CPR ICA 1 0 0
VIGO CPR Martín Códax 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Alba 1 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Apóstol Santiago 10 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Atalaya – Cantabria 1 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Bouza Brey 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Compañía de María 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe El Pilar 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Escuelas Nieto 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo 3 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Losada 1 0 0
VIGO CPR Plurilingüe María Auxiliadora 5 0 0
VIGO CPR Plurilingüe María Inmaculada 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Miralba 4 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Monterrey 1 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Montesol 1 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Niño Jesús de Praga 3 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Ntra. Señora de la Esperanza 1 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Padre Míguez 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe Rosalía de Castro 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe San Fernando 2 0 0
VIGO CPR Plurilingüe San José de Cluny 4 0 0
VIGO CPR Plurilingüe San José de la Guía 1 0 0
VIGO CPR Plurilingüe San Miguel 2 1 0 0
VIGO CPR POVISA Formación Profesional 2 0 0
VIGO CPR Quiñones de León 1 0 0
VIGO CPR San Fermín 1 0 0
VIGO CPR San Miguel 1 0 0
VIGO CPR Vivas 1 0 0
VIGO EEI Monte da Guía 1 0 0
VIGO IES A Guía 4 0 0
VIGO IES Alexandre Bóveda 3 0 0
VIGO IES Álvaro Cunqueiro 2 0 0
VIGO IES Audiovisual de Vigo 1 0 0
VIGO IES Castelao 2 0 0
VIGO IES de Beade 2 0 0
VIGO IES de Teis 3 0 0
VIGO IES do Castro 4 0 0
VIGO IES Politécnico de Vigo 4 0 0
VIGO IES Ricardo Mella 5 0 0
VIGO IES Rosais 2 4 0 0
VIGO IES San Tomé de Freixeiro 1 0 0
VIGO IES Valadares 1 0 0
VIGO INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico 1 0 0
TOTAL 240 11 0