Anuncios
Ticker de novas

O Club Ciclista Rías Baixas, a dar continuidade á súa serie triunfal en Xixón

FOTO: DIFUSION PRO SPORT

Tras lograr a vitoria nas súas dúas últimas carreiras, o Club Ciclista Rías Baixas presentarase este domingo na liña de saída do Trofeo Luis Sánchez Huergo coa máxima ambición. O proxecto presidido por José Luis Chamorro acode a terras xixonesas cos seus mellores corredores, entre eles a sensación do campo Elite e Sub-23, o surafricano Willem Jacobus Smit.

O xefe de filas do conxunto miñorano suma tres triunfos desde a súa chegada a esta estrutura a principios do pasado mes de xuño. O seu último éxito foi a xeral da Volta Ciclista a Segovia, unha rolda na que ocupou a segunda posición nas súas tres etapas. Grazas á súa sensacional adaptación ao equipo que dirixe Marcos Serrano, o Club Ciclista Rías Baixas situouse quinto no ránking elite da Real Federación Española de Ciclismo.

O LXVII Trofeo Luis Sánchez Huergo é puntuable para esta clasificación estatal e Willem Jakobus estará acompañado por un potente bloque. Jesús Nanclares, campión Elite de Castela e León, será a outra punta de lanza dunha formación que completan Diego González, Raúl González, Jon Ander Tomei, Jaime Guzmán e os surafricanos Ivan Venter e Mornay Van Heerden.

Esta proba, que arrancará ás 11:00 horas, tamén exerce de Campionato de Asturianos e desenvolverase sobre 128 quilómetros. Os corredores terán que dar seis voltas a un circuíto de 21,4 km, coa subida á Cotariella como principal dificultade. O pasado ano o Club Ciclista Rías Baixas adxudicouse a clasificación por equipos.

Carreira en Pontevedra

A escuadra do Val Miñor non só competirá en Xixón este fin de semana. O sábado pola tarde participará no Gran Premio Rogelio Acuña Cidade de Pontevedra, organizado polo Club Ciclista Farto. Esta cita valedoira para a Copa Galicia desenvolverase nun circuíto de 1,8 km, onde primeiro disputarase unha carreira de fondo e despois una de eliminación. Roberto Mediero, Daniel Rodríguez, Xoel Dias, Borja Alfaraz, Iago López, Lois Rodríguez e Rodrigo Enríquez integran a convocatoria do Club Ciclista Rías Baixas.

Anuncios