No día de onte ás 22:10 horas, a Sala de Comunicacións da Policía Local de Vigo recibiu unha chamada na que unha muller informaba que estaba a ser agredida pola súa parella no piso que compartían na rúa Travesía de Vigo. Como vén sendo habitual neste tipo de intervencións, unha vez no lugar a dotación de actuantes entrevistouse coa suposta vítima, G.A.R, de Vigo e 49 anos de idade. Os Axentes puideron observar que presentaba un hematoma na orella esquerda con inflamación, manifestando que isto era debido a que o home lle tirara un prato á cabeza, por non terlle a cea feita á súa chegada.
Pola súa banda o agora detido M.R.G, de Baiona e 52 anos de idade, non só non negou os feitos, senón que solicitou aos Axentes que procedesen á súa detención, mostrando unha actitude colaboradora en todo momento. A Unidade comisionou unha ambulancia para atender á muller, que finalmente foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro para ser atendida das súas lesións, detendo posteriormente ao home, pola suposta Comisión dun Delito de Violencia de Xénero.

