O CB Nigrán acode un ano máis ao Torneo de Salceda de Caselas

FOTO: CB NIGRÁN // O CB Nigrán no Torneo de Salceda de Caselas.

O CB Nigrán acudiu co seu equipo benxamín ao Torneo que o Club Baloncesto Salceda de Caselas organizou onte día 17 de maio.

Xunto ao CB Nigrán participaron o Club Baloncesto Baiona, o BasketDeza de Lalín e Estudantes Pontevedra, ademais dos equipos de Salceda de Caselas.

Foi unha tarde lúdica na que os máis pequenos gozaron ao grande grazas ao deporte que lles apaixona, o baloncesto.

Desde o club están a valorar a posible participación deste equipo noutros torneos de fin de tempada aos que xa foron convidados.

A directiva do Club Baloncesto Nigrán agradece ao CB Caselas a invitación e felicítanos pola boa organización do Torneo.