Un incendio forestal afectou a 0,1 hectáreas de monte en Mañufe

Motobomba da Xunta de Galicia.

Ás 19:03 horas deste xoves declarouse un incendio forestal na parroquia gondomareña de Mañufe. O lume deuse por extinguido ás 20:41 horas e segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural afectou a 0,1 hectáreas de monte arborizado. Na súa extinción participou 1 axente, 2 brigadas e 2 motobombas.