Anuncios
Ticker de novas

O Mercado de Arte de Sabarís reuniu máis de 500 obras de 57 artistas no seu 10º aniversario

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este domingo celebrouse o Mercado de Arte de Sabarís, organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios (Coemsa) e OVALMI. No seu 10º aniversario, reuniu máis de 500 obras de 57 artistas galegos -pintores, escultores e fotógrafos- que expuxeron e venderon nesta festa da arte.

Cludio Maseiro impartiu pola mañá un obradoiro de pintura para os máis pequenos e Irene Silva realizou un mural de 8 metros de longo, unha colaxe de máis de 300 pezas en miniatura no que participaron alumnos dos colexios de Sabarís e Belesar.

Foron 11 horas de pintura, escultura e fotografía amenizadas polo músico Iván Gulín, que ofreceu concertos ao longo de toda a xornada. Ademais, para celebrar o Día das Letras Galegas, os asistentes recibiron como agasallo un libro de autor galego e en galego.

Anuncios