Nigrán abre as inscricións para o Campamento de Semana Santa

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán abre desde este luns 8 de abril a inscrición ao Campamento de Semana Santa, que será entre os días 15 e 19 de abril no Pavillón de Panxón cun horario de 9:30 a 14:30 horas.

Está destinado a nenos e nenas de 4 a 12 anos, só para empadroados, e terán prioridade as familias con dificultades para a conciliación laboral e familiar (familias monoparentais onde o pai ou nai traballen, familias numerosas, familias onde traballen os dous pais….).

As actividades durante os cinco días serán tanto dentro do pavillón como en exteriores, segundo a meteoroloxía, e os nenos contarán con 7 monitores para o desenvolvemento das actividades. Xogos no pavillón, visitas a Monteferro, iniciación ao surf, etc.

Hai dispoñibles un total de 70 prazas. Inscricións na Oficina de Atención Cidadá, cubrindo a ficha de inscrición e achegando a documentación que xustifique o vínculo familiar e a situación laboral (Libro de familia, nómina recente…).

Inscrición Campamento Semana Santa