Anuncios
Ticker de novas

Daniel Fernández Cerzón completa o primeiro reto polo alzhéimer

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Primeiro reto conseguido. Nin os diluvios, a tormenta eléctrica, o forte vento ou o frío, nada detivo a Daniel Fernández Cerzón no seu obxectivo de facer máis visible o alzhéimer correndo 24 horas por un circuíto de 5 km. entre ida e volta situado no Paseo de Praia América, en Nigrán.

Máis de 30 persoas acompañaron durante algunhas horas ao mozo gondomareño, que finalmente completou un total de 143 kms. -tiña previsto un mínimo de entre 110 e 120 km-. Daniel agradécelles a súa participación, xa que sen eles, sinala, “sería moi difícil”, a AFAGA, ao Concello de Nigrán e ao seu alcalde, Juan González, “por acompañarme tantas horas”.

Os próximos meses levará a cabo dous novos retos deportivos para visibilizar o alzhéimer e recadar fondos para a asociación AFAGA Vigo, que se dedica a tratar esta enfermidade así como facer diversas actividades e talleres por toda Galicia co fin de frear ou diminuír os síntomas desta doenza que desgraciadamente cada día é máis común.

Todos os que queiran colaborar poden facer a súa achega no número de conta: laCaixa IBAN ES56 2100 4080 1122 0012 1884.

Anuncios