Baiona aproba a ordenanza que exime o pago do imposto de vehículos a persoas con discapacidade

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O Pleno Municipal do Concello de Baiona aprobou este xoves a modificación da ordenanza fiscal que exime do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica a persoas con discapacidade. A proposta da Alcaldía e co voto favorables de todos os grupos municipais, o texto saíu adiante para incluír nos beneficios fiscais aos vehículos matriculados a nome de persoas con discapacidade para seu uso exclusivo e vehículos destinados a transporte de discapacitados.

Segundo indica a ordenanza, unha vez declarada a exención, se expedirá un documento que acredite a súa concesión. Ademais, a concesión de beneficios fiscais, a instancia dos suxeitos pasivos, terá efectos para o exercicio seguinte a aquel no que se formule á solicitude.

Durante a sesión plenaria, a 1ª tenente de alcalde, María Iglesias, sinalou a preguntas do PSOE que xa hai en marcha unha campaña de información sobre o Punto Limpo. Segundo apuntou a concelleira, xa comezaron esta mesma semana as charlas en Covaterreña e ao longo dos próximos meses continuarán no resto de centros escolares coas campañas informativas sobre horarios e funcionamento do Punto Limpo.