Mireya Represa campioa galega de xadrez Sub18 e Ana Fernández subcampioa en Sub14

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este 28 de febreiro rematou o Campionato Galego de Xadrez 2017 nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18, no que participaron cincos xadrecistas do Club Xadrez Laroca de Nigrán.

Os cinco atopáronse cun alto nivel pero souberon defender o pavillón, conseguindo en total 20,5 puntos de 40 posibles. Ademais voltaron de Viveiro con dous trofeos nas categorías femininas sub-18 e sub-14.

Mireya Represa Pérez en categoría sub-18 logrou gañar 5 partidas de 8, terminando no posto oitavo e como primeira muller, o que lle deu o trofeo de campioa de Galicia sub-18 na súa categoría.

Artai Bringas Gómez, en categoría sub-14, só unha derrota na última partida evitou que saíse invicto de Viveiro. 3 vitorias e 4 táboas fixeron que terminase con 5 puntos. Este resultado colócao no oitavo posto da clasificación final, o mesmo do seu ránking inicial neste campionato.

Ana Fernández Carneiro tamén en sub-14 conseguiu ser a segunda muller do campionato na súa categoría. Partindo do posto 26 no ránking inicial logrou, con catro vitorias unhas táboas e 4,5 puntos, rematar no posto 18 da clasificación xeral final, ademáis do trofeo de subcampioa de Galicia sub-14.

Hugo Rego Calvo, na mesma categoría que Ana e Artai, conseguiu 3 meritorios puntos, terminando no posto 35 da clasificación xeral.

David Represa Gómez, o representante do Laroca na categoría sub-10, terminou no posto 28 tras gañar 3 partidas.

Tras catro días en Viveiro os Laroqueiros e Laroqueiras voltan a casa coa mochila chea de puntos e trofeos, pero sobre todo satisfeitos despois de vivir unhas xornadas intensas de xadrez. Un ano máis o Club Xadrez Laroca de Nigrán estivo dignamente representado no Campionato do Xadrez Galego.

Anuncios