Anuncios
Ticker de novas

Ciclomotores, motocicletas e quads poderán pasar nos próximos días a ITV en Gondomar

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Unha estación móbil para a Inspección Técnica de Vehículos de ciclomotores estará os días 27 e 28 de febreiro en Gondomar, no Polígono Industrial A Pasaxe de Vincios, xunto ao campo de fútbol. Os dous días de 9:00 a 13:30 horas e o luns 27 tamén de 15:15 a 18:00 horas, poderán ser revisados ciclomotores de dous ou tres rodas, motocicletas e quads.

Para solicitar cita previa está dispoñible o teléfono 902 30 90 00. Tamén se pode realizar a través da web www.sycitv.com.

Anuncios