85 nenos e nenas participan no Campus de Fútbol Sala de Baiona

Desde o pasado luns e ata este venres día 21 de xullo está a celebrarse o Campus de Fútbol Sala de Baiona, organizado un ano máis polo Baíña F.S.

Cada semana, e durante todo o verán, realízase un Campus diferente (tenis, loita, multideporte, danza, baloncesto, etc…). Nesta modalidade de fútbol sala inscribíronse un total de 85 nenos de idades comprendidas entre 6 e 15 anos.

Ao longo da semana, os nenos e nenas participantes están a gozar de adestramentos dinámicos e divertidos, aprendendo a fondo os distintos aspectos do deporte. Para iso, o Campus conta con máis de 10 monitores titulados, obradoiro de inglés (no que aprenden moito vocabulario relacionado con este deporte sen darse conta, xa que o realizan mentres xogan), adestradores especiais convidados, actividades de lecer e tempo libre, excursións á praia, psicólogo deportivo (onde se fai fincapé da importancia dos valores do deporte) e moitas outras actividades.

2017-07-20 - IMG_20170719_120623