Sin categoría

Baiona fomenta as actividades na natureza coa súa “Semana Verde”

Este luns pola tarde comezou a “Semana Verde”, organizada polo Concello de Baiona a través da Concellería de Deportes, o Camping Bayona Playa, Protección Civil Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente. A concelleira de Deportes, Ana Mª Iglesias Rodríguez, deu a benvida aos 50 participantes.

A acampada, dirixida a nenos e nenas de 10 a 14 anos, nace coa intención de desenvolver e fomentar as actividades na natureza, o respecto e a sociabilidade entre os pequenos, tanto desde a práctica deportiva como desde a formación integral e educativa dos escolares.

A “Semana Verde” consiste en actividades de lecer, xogos e outras de carácter informativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna completan o programa que se desenvolve nas instalacións do Camping Bayona Playa, que colabora coa administración local cedendo as súas instalacións para desenvolver as distintas actividades.

As actividades están dirixidas e organizadas polo persoal da empresa Matrákala baixo as directrices e supervisión do persoal técnico da Concellería de Deportes.