O Club Patinaxe Artística Gondomar elabora a tradicional alfombra floral. O manto de 2024 deseñado por Juan Bas recolle a sinopse Homenaxeando a Salvador Dalí, unida á alfombra veciña tamén deseñada por el de Federico García Lorca. O manto composto con materiais naturais, mimosa, funcho, café, hortensia, rosa, margarida, follas de ciruelo… conflúe diferentes elementos que forman un compendio tridimensional na Praza Paradela do Concello de Gondomar.
O CPA Gondomar homenaxea a Salvador Dalí na súa tradicional alfombra floral

