A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar sangue nas xornadas previas á primeira ponte festiva do mes de decembro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns dos tipos A Positivo e Cero Positivo, xa que, no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos. Neste sentido, lembrar, ademais, a importancia da necesidade de incrementar nos vindeiros días o número de doazóns do grupo Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal.
Os períodos vacacionais e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Neste sentido, lembrar que, todos os días do ano, precisamos entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir a axeitada de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ao longo da presente semana, máis de 30 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.
ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:
| DATA | CONCELLOS |
| Luns 3 de decembro | Moeche, Carballo, Santa Cristina (Oleiros), Sigüeiro (Oroso), Negreira, Lourenzá, Bº Mariñamansa (Ourense), Caldas de Reis, Moaña e Bº Teis (Vigo) |
| Martes 4 de decembro | Mugardos, Carballo, Praza Conchiñas (A Coruña), Pobra do Caramiñal, Parlamento de Galicia, Ribadeo, A Valenzá (Barbadás), A Guarda, Meis e Zona O Calvario (Vigo) |
| Mércores 5 de decembro | As Pontes, Betanzos, Zas (Baio), Ribeira, Olveira e Castiñeiras (Ribeira), Viveiro, O Carballiño, Cangas do Morrazo, Lalín e Zona O Calvario (Vigo) |
| Venres 7 de decembro | Praza de España (Ferrol), Cantón-Obelisco (A Coruña), Zas, Ribeira, Aguiño (Ribeira), Viveiro, Verín. Arbo, Lalín e Nigrán |
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
| LUGAR | HORARIO |
| COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
| COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
| HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol) |
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas |
| HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) | Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
| COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense) | Luns de 8:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas Venres das 15.00 ás 22.00 horas |
| HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) | Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas |
| HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Como colaborar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón de páxinas nas principais redes sociais (Facebook e Twitter), unha páxina web: ados.sergas.gal e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.

