Sin categoría

Catro medallas para o Gondomar Acro Club no Campionato Galego

O pasado domingo o club de ximnasia acrobática Gondomar Acro Club participou no Campionato Nacional Fase Autonómica, Campionato Galego Base e Elite celebrado en Nigrán, sendo 73 equipos dos clubs Flic Flac de Vigo, Burgas de Ourense, Treboada de Pontevedra, Ximnasia Vila de Marín de Marín, CDXR Compostela de Santiago de Compostela, Esc. Club Acroastur de Asturias e o club de anfitrión Acro Club Nigrán.

“Nesta competición sabiamos que habería maior rivalidade e non partiamos coas mellores condicións, a pesar diso, os equipos saíron ao tapiz para dar o máximo e notouse. Os resultados foron os esperados. Agora estamos centradas en buscar o máximo rendemento para chegar ao nacional preparadas. Quero dar as grazas ás miñas compañeiras polo seu traballo e en especial ás familias que nos arrouparon moitísimo neste campionato e iso é o que nos impulsa a seguir traballando con ganas e ilusión de fronte ao mes de xuño que temos cargado de campionatos e eventos”, comenta Cristina Castro.

“Quédanos o campionato escolar o 16 de xuño, o campionato nacional a finais de mes e o festival de fin de curso, o cal xa é unha tradición e referente no concello gondomareño. Desde aquí queremos convidar a todos os aldeáns e concellos lindeiros que se acheguen o domingo 23 de xuño pola mañá ao noso festival no Pavillón Municipal Berbabé Costas de Miranda para gozar do noso deporte e arroupar aos equipos que participarán no nacional, Tenerife espéranos do 25 ao 29 de xuño”, conclúe Cristina.

Resultados:

Clasificación por clubs:

  • Categoría Infantil Base: 1ª Posición.
  • Categoría Cadete Base: 1ª Posición Categoría Infantil Base.

Categoría Infantil Base:

  • Parella feminina: Martina Aramburu e Paula Alonso, medalla de Ouro.
  • Trío feminino: Ariana Pérez, Carmen Alonso e Gabriela Sánchez, medalla de Prata.
  • Cuartero feminino: Carla Albores, Candela Alonso, Claudia Comesaña e Ana Muíños: medalla de Ouro.

Categoría Cadete Base:

  • Trío feminino: Helena Veiga, Nerea Gallego e Vera Fernández, 4ª posición.
  • Trío feminino: Inés Román, Aroa Araujo e Lara Cabral, 5ª posición.
  • Parella feminina: María Fernández e Alejandra Pérez, medalla de Ouro.