O GALP da Ría de Vigo – A Guarda presenta os 11 proxectos que recibiron fondos europeos na última convocatoria

O GALP da Ría de Vigo – A Guarda celebrou este venres na cidade olívica unha xuntanza na que se presentaron os proxectos aprobados na convocatoria do 2023 e que se financiarán con cargo ao programa FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura) 2021-2027 no seu territorio (integrado polos concellos Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña, Cangas e o sector pesqueiro de Vigo). Se trata de diferentes propostas dinamizadoras do territorio, a maioría delas relacionadas co sector pesqueiro e promovidas tanto por entidades públicas (coma Concellos ou Confrarías de Pescadores) coma de interese común e incluso empresas privadas.

Estes son as iniciativas que recibirán axudas do GALP

-Faros da Ría. Apartamentos (construción de tres apartamentos turísticos sostibles no Morrazo).

-Rehabilitación das carpintarías da ribeira da Seara (reforma e consolidación das carpinterías de ribeira de Carlagho e Casqueiro para uso museístico e cultural).

-Os mares da baixura II: Ampliando horizontes (reestruturación, adaptación e actualización tecnolóxica e dixital do portal web osmaresdabaixura.com).

-Báscula de pesada para camións no pantalán do Porto de Domaio (construción dunha báscula para pesar camións cunha achega de case 60.000€).

-Intervención terapéutica a través da música e a cultura de raíz, para persoas maiores, persoas con Alzheimer e outras demencias, persoas con discapacidade e colectivos de mulleres.

-BAF: Blue Atlantic Foro (creación dun espazo de formación, cooperación e divulgación sobre a economía azul desde unha perspectiva atlántico-europea).

-Sinescama como innovación en comercialización de produtos do mar (incrementar o valor engadido dos produtos da pesca e marisqueo, impulsando a innovación, a competitividade e a diversificación da oferta comercial existente no territorio).

-Plan de aforro e eficiencia enerxética: Lonsolar (implementar un plan de aforro e eficiencia na Lonxa da Guarda -Lonsolar- mediante a identificación e fusión de boas prácticas e posta en marcha dunha instalación de enerxía fotovoltaica).

-Modernización, aforro enerxético e melloras (implementación de novas tecnoloxías, melloras ambientais e mellora das condicións de traballo dos empregados de Frigoríficos de Vigo).

-Transporte sustentable e informática (adquisición dun vehículo industrial isotermo para incrementar as posibilidades de transporte de mercadorías).

-Canido Pesqueiro (mellorar as canles de comercialización mediante venta directa a minorista e consumidor/a final promovido pola Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo).

O período de presentación de novos proxectos se abrirá en breve. Os interesados xa poden recibir asesoramento para que as súas ideas se adecúen o máximo posible á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) que rexe os criterios de concesión de axudas. Para máis información, pódese contactar co GALP na Avenida de Beiramar, 49, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109/646 873 106.