Sin categoría

Aberto o prazo de inscrición no Conservatorio de Gondomar para o curso 2024/2025

Xa está aberto o prazo de inscrición, durante todo o mes de maio, para as probas de acceso ao 1º curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2024/2025. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como orquestra, coro, concertos, conferencias e moitas máis. Para máis información: 986 369 746 (mañás) ou 986 389 283 / 678 874 994 (tardes), na súa páxina web ou enviando un correo electrónico a cmus.elemental.gondomar@edu.xunta.es.