Sin categoría

O BNG chama a participar na concentración deste sábado porque todo Gondomar é afectado polas inundacións

O BNG chama a participar na concentración de mañá sábado porque todo Gondomar é afectado polas inundacións. A concentración será ás 12:00 da mañá diante do Concello, en demanda de medidas urxentes que eviten as graves consecuencias das enchentes.

Esta concentración implica a todo o concello, non só ás persoas afectadas directamente polas inundacións. Ademais da veciñanza que sofre o asolagamento de vivendas, garaxes, negocios, o desbordamento dos ríos afecta ás persoas que usan dependencias municipais e públicas como as pistas de tenis, aulas das actividades do CDL, zonas de paso, pontes, aparcadoiros, mercado, comercios….

A concentración pretende ser unha chamada de atención aos gobernos que teñen as competencias e a posibilidade de evitar as consecuencias das enchentes. Ao tempo que unha forma de mostrar a indignación ante as escusas e as acusacións cruzadas entre Xunta e Concello sen nin unha nin outro poñer en marcha as medidas precisas.