Os Papanoeles Surfeiros volven á Praia de Patos

Este xoves día 22 de decembro volve unha nova edición dos Papanoeles Surfeiros á Praia de Patos, unha iniciativa da Asociación de Escolas de Surf de Patos que conta co apoio do Concello de Nigrán. O evento comezará ás 16:00 horas coa recepción e entrega de gorros, para a continuación, e despois da foto de familia, gozar dunha sesión de surf. Un chocolate quente no Sunset Legrand poñerá o punto e final á xornada. Como cada ano farase unha recollida de alimentos para o Banco Municipal de Nigrán. A comida pódese levar ata o mesmo día a calquera das escolas da asociación.