Solaina quitou os medos das nenas e nenos de Nigrán con “Samagostín”

Éxito rotundo do grupo de fusión de arte Solaina Val Miñor a pesar da adversa climatoloxía. O venres, na estrea do seu quinto traballo, “Samagostín”, os máis novos da casa, e os non tan novos, pasaron unha tarde espectacular de medos.

O Auditorio de Nigrán festexou a festa de Samaín para vencer o medo aos seres escuros tras unha sesión de contaconto amenizada pola escritora e poeta Soledad García, a ilustradora Natalia Guisande e a pintora Laine Villero.

Un encontro moi especial no que os cativos deixaron os seus medos nunha caixa. O alcalde, Juan González, agasallou a todos co libro “Samagostín”, dedicado ao alumnado e profesorado dos colexios do Val Miñor, que acompaña moitas actividades fantasmagóricas para pasar un intre moi agradable estes días de Samaín xogando en familia.