Magosto en Baredo con castañas e choripáns

A Comisión de Festas Virxe da Cela de Baredo organiza este sábado día 29 de outubro un magosto no Xogo dos Bolos de Baredo. Desde as 20:00 horas haberá castañas gratis e choripáns e bebidas a prezos populares, ademais de música en directo.