A Casa da Navegación de Baiona pecha as súas portas por reformas

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O Concello de Baiona informa que a partir deste luns, 3 de outubro, a Casa da Navegación pecha as súas portas para a reforma promovida polo proxecto europeo “Exploraterra” que divulga as grandes navegación peninsulares. Galicia está representada pola viaxe da Carabela Pinta, recaendo en Baiona esta honra, ademais de Andalucía e Portugal. Os traballos de mellora terán unha duración de dúas semanas e traerán consigo moitas novidades. Como é habitual a casa seguirá atendendo as reservas de visitas de grupos para a réplica da Carabela Pinta.