Arestora non hai ningún incendio activo en Galicia. O traballo dos equipos de extinción e as choivas dos últimos días serviron para reducir as chamas en todos os municipios afectados. Así o indica a Consellería do Medio Rural no último parte emitido este mércores con datos recollidos ata as 13:30 horas.
Na comarca do Val Miñor, os incendios de Baiona, Gondomar e Nigrán pasaron á categoría de “controlados”, que na terminoloxía da Xunta quere dicir que o lume deixou de propagarse. Aínda falta que as brigadas forestais os dean por extinguidos. Nos tres casos os lumes forestais superan as 20 hectáreas de afectación.

