A Garda Civil denuncia a un condutor por poñer en perigo ao resto de usuarios da vía

O pasado día 19 de setembro, no Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, tense coñecemento dun vídeo difundido a través de redes sociais, no que un vehículo da marca BMW, cor azul, accedía a unha rotonda para facer un xiro completo á mesma a gran velocidade e “derrapando”, facendo constar que dita rotonda localízase na zona de Mos (Pontevedra).

Polo equipo GIAT do Subsector de Tráfico de Pontevedra, realízanse xestións para identificar o condutor da devandita “manobra”, a cal tivo lugar na tarde do sábado 17 de setembro, no km. 155,700 da N-550, termo de Mos.

O día 21 de setembro é localizado o propietario do vehículo, tratándose dun veciño da localidade de Mos, de 30 anos de idade, o cal recoñece que era o que conducía o día da infracción e que foi difundido por redes sociais, polo que se lle formula denuncia administrativa por conducir de forma temeraria, o que supón unha sanción de 500€, así como a detracción de 6 puntos.